Hai pouco chegou ao centro unha gravadora e aproveitamos para facer algunhas gravacións das cancións que máis nos acompañaron este curso.
Non tivemos moito tempo para preparalas, así que o que escoitaredes son practicamente os propios ensaios, con algún pequeno erro e algún desaxuste. Pero precisamente por iso nos gustan: porque soan a nós.
Aquí vos deixamos esta pequena mostra da música que nos acompañou ao longo da viaxe.
Ata aquí chegou a nosa banda sonora deste curso. Que teñades un verán estupendo e cheo de música!