Amosando publicacións coa etiqueta Educación Infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación Infantil. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de xaneiro de 2025

"Bibopalula", as aventuras da banda do bosque

'Bibopalula' conta as aventuras da Banda do Bosque, un grupo musical formado por un paporrubio, un merlo, unha pega e un picapau. 

Os ciclos naturais do bosque, desde a chegada do inverno ata a das cegoñas, son tamén protagonistas da serie e das cancións da Banda do Bosque. 

Destinada a espectadores de entre 3 e 6 anos, 'Bibopalula' quere acompañar as primeiras miradas sobre o medio natural.



luns, 22 de xaneiro de 2024

Move o corpo!

Kókiti - Move o corpo


Ponte moi contento e provoca un movemento
con posturas do dereito e do revés.
Fai que o teu corpo se active e con iso se motive
para todo o que hai que facer.

Move os nocellos, os xeonllos, as cadeiras,
a cabeza ou mete un dedo no nariz.
Salta con todas as forzas con dous pés ou pata coxa
ata que parezas un delfín.

Move o corpo dunha vez
dende os pés ata o nariz.
Move o corpo dunha vez
e serás feliz.

A nosa banda sonora

Hai pouco chegou ao centro unha gravadora e aproveitamos para facer algunhas gravacións das cancións que máis nos acompañaron este curso. No...