luns, 22 de xaneiro de 2024

Move o corpo!

Kókiti - Move o corpo


Ponte moi contento e provoca un movemento
con posturas do dereito e do revés.
Fai que o teu corpo se active e con iso se motive
para todo o que hai que facer.

Move os nocellos, os xeonllos, as cadeiras,
a cabeza ou mete un dedo no nariz.
Salta con todas as forzas con dous pés ou pata coxa
ata que parezas un delfín.

Move o corpo dunha vez
dende os pés ata o nariz.
Move o corpo dunha vez
e serás feliz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A nosa banda sonora

Hai pouco chegou ao centro unha gravadora e aproveitamos para facer algunhas gravacións das cancións que máis nos acompañaron este curso. No...