Como facer as coplas dos Maios?
- Melodía.
Aínda que existen variantes, e pódese adaptar aos versos, a melodía popular (base das coplas) que utilizaremos é a seguinte:
exemplo:
Este noso maio
é coma un palleiro:
saias de fiúncho
e froles de sombreiro,
colar de laranxas
todo arredor.
Maio coma este
non o hai millor.
- Temática e simboloxía.
Cos maios celébrase a fecundidade e o renacer da natureza tralo paso do escuro inverno e a abundancia de froitos, p.ex:
Co maio traemos
o cheiro dos campos.
Lembranzas belidas
trae o noso canto.
Belas bolboretas,
paxaros cantores,
que andades cantando
no medio das flores.
Nestas coplas aparecen varios símbolos, coma o burro (o inverno), o cuco (o renacer da natureza), os ovos (ciclo da vida)...
Ao maio atribúenselle calidades humanas (personificación) sobre todo en relación coa pereza do inverno:
Levántate maio
que tanto durmiches,
xa pasou o burro
e ti non o viches.
- Estrutura.
As coplas poden tratar varios temas/partes:
1. Presentación/petición de licencia para cantar:
Xa chegou o maio
florido e fermoso
.......
2. Feituría do maio:
Fomos ao fiuncho
moi lonxe de aquí
.......
3. Descripción do maio:
Este noso maio
vén moi floreado
........
4. Exaltación da natureza:
Co maio traemos
o cheiro dos campos.
........
5. Petición de aguinaldo/premios:
A rosca e o premio
pedimos nos den
.........
- Métrica e rima.
A medida dos versos das coplas dos maios adoita ser de 6 ou 8 sílabas, no noso exemplo sería de 6.
A rima máis común é a asonante, inda que tamén se admite a consonante.
A estrofa está composta por 4 versos, rimando os pares
Un recurso común e realizar un encadeamento entre o último verso das estrofas impares e o primeiro das seguintes, repetindo unha palabra ou todo o verso:
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.