martes, 11 de abril de 2023

Pasapalabra musical

Xogo de Pasapalabra musical para responder con palabras da A á Z. 

Se non sabes a resposta, non perdas o tempo e fai clic en "Pasapalabra" para tentar responder ao seguinte. 

O tempo é limitado. Intenta responder adecuadamente ás preguntas sobre instrumentos, calidades sonoras ou figuras musicais. 

Escribe ben a ortografía. Se non acentúas correctamente, o xogo marcarache como un erro.


(fai clic na imaxe para xogar)

luns, 6 de marzo de 2023

Radio Picariña

Radio Picariña é unha radio dixital que permite facer listaxes de reprodución ou escoitar de xeito consecutivo “as mil mellores cancións en lingua galega para público infantil”.



xoves, 22 de decembro de 2022

Blob Beats

Cumpriuse o 252 aniversario do Nacemento de Beethoven, unha ocasión especial na que en Google quixeron render homenaxe ao grande xenio musical. 

Para iso lanzaron Blob Beats, un simpático xogo no que podemos demostrar o hábiles e rápidos que son os nosos dedos

¿atréveste a probalo?


...e, por se non o sabías, o seu irmán, Blob Opera agora inclúe panxoliñas de Nadal!



BOAS FESTAS E FELIZ 2023!!



 

A nosa banda sonora

Hai pouco chegou ao centro unha gravadora e aproveitamos para facer algunhas gravacións das cancións que máis nos acompañaron este curso. No...